Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No Quinteiro de Abaixo, nunha finca privada pechada, preto douro hórreo.

A cimentación debe ser unha repisa de cachotaría de granito, como o resto dos hórreos de Teaio. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con ladrillo e cunha porta de madeira no lateral oeste enmarcada por dúas columnas de pedra. Os esquinais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 18 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 9 fendas cada unha. Sobrepenas molduradas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche do norte é visible unha inscrición cunha data, aínda que algo borrosa polo desgaste da pedra: AÑO 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909.  Cubrición de uralita. Remates: non conserva a cruz, só a base en escocia e o arranque da mesma, a cal estaría orixinalmente flanqueada aos lados por pequenos pináculos, dos que só se conserva a base cuadrangular nos ángulos exteriores do pinche; e tres pináculos piramidais estilizados no extremo sur, un en cada ángulo do pinche, o do centro de maior tamaño e rematado en bóla. Orientado ao NE-SW.

De principios do século XX, sendo visible no pinche do hórreo unha data, aínda que algo gastada, léndose 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO112
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Teaio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, substituíndo a madeira por ladrillo e a tella do país por uralita. Tamén introduce ladrillo e cemento nos gabinetes, e non conserva completos os remates da fronte norte. A pedra está cuberta en parte por fungos e liques.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 258)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Paizal

Hórreo de Revixós

Hórreo de Lestrobe