Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No Barrio de Abaixo, moi próximo a outro hórreo, ao NW.

A cimentación consiste nunha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son seis pés a modo de columnas de sección cuadrangular con ángulos en chafrán. O tornarratos é unha pedra circular sobre cada pé. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con van alintelado da porta á que lle falta a folla de madeira, e penal traseiro tamén de pedra cunha fenda de ventilación vertical. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NW.

No 2010, os veciños din que tería máis de cen anos. Certamente parece ser moi antigo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO152
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, moi abandonado, a madeira está moi mal conservada.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 23)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Vigo

Hórreo de Bexo