Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha finca privada pechada, na zona norte do núcleo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito con cemento por riba, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con malla metálica e cemento, usados como galiñeiros. Ten unhas escaleiras de cemento e ladrillo acaroadas no medio que dan acceso ao hórreo, sendo aproveitado o espazo de debaixo para galiñeiro tamén. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: tres pináculo piramidais nos ángulos do pinche sur, o do centro máis estilizado e con bóla; e o pinche do norte con cruz latina alta de sección cilíndrica no centro do pinche e dous pináculos piramidais nos extremos. Orientado ao NE-SW.

No 2010, din os propietarios que non saben con certeza a antigüidade deste hórreo, mais que podería ter máis de cen anos. Polo tipo de remates parece máis ben ter algo menos (setenta ou sesenta anos).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO135
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Eiró
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, xa que aínda que restaurado polos propietarios, ten outras estruturas de cemento acaroadas.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 85)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Manselle