Hórreo da Devesa

Hórreo da Devesa - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar da aldea coñecido como Largas de Fora, no extremo norte do núcleo.

A cimentación é unha base de perpiaño sobre cachotes de granito baixo cada cepa. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillos, con unha porta de madeira no lateral oeste.  Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando os penais dos seu respectivos pinches. O penal da fronte é de pedra con porta de madeira; e o penal traseiro é de pedra se ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal intúese unha inscrición con unha data, moi gastada: 1911. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina estilizada florenzada de sección cuadrangular, sobre base en escocia; e pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No frontispicio norte, aínda que bastante gastado, pódese intuír a data 1911, que é a que recolle a ficha do Inventario do Patrimonio. Orixinalmente este hórreo atopábase na costa, sendo trasladado ao lugar actual cando se fixo a actual pista asfaltada.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO214
  • Outras denominacións: Hórreo de Manuel Bustelo
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1911
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: A Devesa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa substitución da madeira por ladrillo, introducindo tamén este material nos gabinetes e o cemento no encintado das cepas. 

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 182)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Hórreo de Bexo

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bexo