Hórreo de Lestrobe
Imaxe: Beatriz Pereiras
Na rúa do Medio.
Bonito exemplar de hórreo mixto. A cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Os gabinetes están pechados con peches de madeira con dúas cintas, con dúas portas no lado oeste e unha no lado leste. Ten tres claros e balaústres de madeira, con dúas cintas, e unha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita e tellas. Os remates son unha cruz alta con extremos florenzados (fáltalle un brazo) sobre base discoidal que descansa á súa vez sobre unha base cuadrangular; e pináculo piramidal no lado oposto. Orientado ao NE.
No 2010, segundo unha veciña si tería máis de cen anos.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO141
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, moi abandonado, coa madeira en moi mal estado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 21)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.732554031331 , -8.6691222763843
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.