Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nunha propiedade pechada privada, actualmente abandonada.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, asentadas aínda sobre unha pedra rectangular cada unha. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Linteis e cornixa de madeira e columnas de pedra. Os dous penais son de pedra e madeira, aínda que o do lado sur non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillo, e ademais tampouco ten pinche, senón unha cornixa de madeira. O outro penal si conserva o peche de madeira, con dúas cintas e un pinche de madeira. Cubrición de tella do país. Non ten remates. Orientado ao NE-SW.

No 2010, os veciños non souberon concretar a antigüidade, mais acórdalles o hórreo toda a vida

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO136
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Eiró
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, está abandonado. A madeira e a cubrición están en moi mal estado, e o hórreo está empezando a estar cuberto de vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 83)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Castro

Hórreo de Revixós

Hórreo de Teaio

Hórreo de Vigo