Cruz da Chan da Viña

Cruz da Chan da Viña - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Concello de Dodro

Na praza coñecida como Chan de Viña, en Bexo de Abaixo.

Cruz localizada no muro de peche dunha propiedade. Carece de baseamento, pedestal e de capitel, consistindo nunha grande cruz de brazos desiguais. O varal é de sección cuadrangular, ao igual que a cruz. Na cara frontal presenta varios debuxos gravados na pedra: unha escada que ascende polo varal até chegar ao punto central da cruz, onde se ven dous círculos concéntricos. Nos extremos dos brazos da cruz é visible un triángulo coa base aberta e orientada ao centro da cruz.

Ten máis de 100 anos (de finais do século XIX-principios do XX). Os veciños paraban diante desta cruz nos enterros para rezar un Nosopai. A continuación, de camiño á igrexa parroquial, paraban na Cruz da Capela, no Cruceiro das Escuras, no Cruceiro de Ignacio, e aínda había outro cruceiro no que paraban, o de Sabela, hoxe desaparecido

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER020
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bexo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, xa que se atopa medio tapada polo peche da propiedade na que se localiza.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-20)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro das Escuras

Cruceiro de Trasdopazo

Cruceiro da Tomada

Cruceiro da Veiga