Cruceiro da Illa do Rato

Cruceiro da Illa do Rato - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Carlos Ares

Cruceiro de tipo de crucifixo, sen base e cun pedestal cúbico chafranado. Sobre un penedo enfesto, situado na parte máis meridional deste pequeno illote que se acha inmediato á ponte de Catoira, colocouse un cruceiro co Santo Cristo mirando cara a canle principal do río. A base que mantén ergueito o varal é cúbica, coas arestas rebaixadas. Columna, primeiramente, rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal. Vai afinándose a medida que se eleva. Amosa por diante unha figuriña coa cabeza rota de Santiago Apóstolo. Capitel de catro lados con cruces de Santiago no centro de cada un afastadas por espirais.

Soporta unha cruz rectangular que amosa por diante un Cristo de tres cravos, baixo INRI, cos brazos con pouco ángulo, mans pechadas, o nó do pano á súa dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Mira á fronte, cara a canle principal do río. Por detrás amosa a figura de María de pé, pousada sobre cuncha de vieira. Foi doado por Manuel Domínguez López, propietario da empresa local Cerámica Domínguez del Noroeste, S.A., máis coñecido localmente por Cedonosa.

O Pai Sarmiento, na viaxe que fixo a Galicia no ano 1745 escribe: "Un poco más al oriente se descubre en medio de la ría una como isletica, peñón, o cúmulo de peñones que llaman Castrivello y pudo haber tenido alguna fortificación”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER011
  • Outras denominacións: Cruceiro de Castrivello ou Cruceiro da Insua dos Ratos
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: Illa do Rato
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_018 e X-010-GA36010010) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

    Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Estación

Cruceiro da Gabeira Pequena

Cruceiro de Gondar

Cruz da Igrexa de Santa Baia de Oeste