Busca
Amosando 121 - 144 de 2258 resultados da busca.
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.