Busca

Amosando 361 - 384 de 620 resultados da busca.

Cruceiro de granito situado no cruce central de Pastoriza, na marxe leste do camiño principal, da tipoloxía de crucifixo.

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica. Na súa metade aparece un relevo algo erosionado coa imaxe dun santo. O capitel…

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Extensión de area cunha lonxitude duns 50 metros, xunto ao Porto de Taragoña.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.

Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

Laxe con gravados rupestres situada nun pequeno outeiro da ladeira O do Monte da Pena.

A laxe mide 6,05 metros (NL-SO) e 2,80 (NO-SL). Presenta moitas diaclasas e sucos de canteiro, mais os gravados son ben visibles e concéntranse na metade N da rocha. Os motivos consisten…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Laxe con gravados que se localiza na ladeira O do Monte da Pena.

Trátase dunha rocha plana, lixeiramente inclinada no sentido da pendente. Mide 0,80 metros no eixo N-S e 0,90 no L-O. Nela inscríbese unha composición consistente en sete coviñas moi erosionadas e case…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina situada nun extremo da Praza de Manuela, na Ribeira.

Planta rectangular e dous andares, resolta en cantaría de granito e cuberta a tres augas de tella. Alzados de sinxela composición, compostos por pequenos ocos rectangulares…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina do século XIX, con fachada principal á rúa de Abaixo.

Construción orixinal de dous andares realizada con muros de cachotaría e cantaría de granito encintados, con engadido posterior en planta alta de formigón que desvirtúa totalmente o inmoble. Balcón corrido no segundo andar da fachada principal con escudo nobiliario…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, de planta rectangular e dous andares, do século XVIII.

O volume orixinal que ocupaba a esquina completa da cuarteirón, foi dividido posteriormente en dúas vivendas, unha con fachada á rúa da Praciña, e outra á Ribeira. Está resolta con…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Nada queda da casa da rúa do Hospital, a poucos metros da graneira de Mariano Rodríguez, onde residiu o “mestre sen escola”, Xosé Arcos Moldes, compadre de…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Conxunto de fonte e lavadoiro xunto a un muíño, á beira da estrada principal que leva a Pastoriza. Lavadoiro de planta rectangular cun pequeno tanque acaroado nun dos extremos. Lousas inclinadas en dous dos seus lados e fonte dunha peza de granito nunha esquina, que verte directamente ao lavadoiro.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Outeiro, na marxe do rego do Floxo.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Laxe.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Conxunto de cruz e baixorrelevo na fachada dunha vivenda localizada nun cruce de camiños, baixo a estrada principal.

Cruz sinxela con imaxe apoiada sobre unha base moldurada e peza de granito con imaxes na cara frontal representando a escena da Virxe das Neves.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Sinxelo peto realizado en pedra coroado por unha imaxe da Virxe acaroado á fachada dunha vivenda situada na marxe sur da estrada do Campo de Pazos.

Fornacina central en arco de medio punto con molduras perimetrais e porta metálica con formas florais. No seu interior garda unha representación policromada.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos