Busca

Amosando 265 - 273 de 273 resultados da busca.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e…

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Antigamente este edificio foi un colexio-orfanato, no que rapaces de toda España ían a formarse alí para nun futuro poder traballar na Renfe. Actualmente é o Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio.

Esta edificación da segunda metade do século XX, máis concretamente dos anos 60, érguese moi preto do mar, o cal lle outorga un gran dominio visual de toda a Ría de Arousa. É un edificio lineal, austero, con modulación ríxida…

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

O Centro Sociocultural de Bamio é a sede do Proxecto Louceiros de Bamio, lugar onde se gardan as mostras da louza recuperada e outros elementos para a interpretación da paisaxe cultural do barro da ría de Arousa e do río Ulla. Trátase dun pequeno núcleo interpretativo sobre a louza de Bamio, xurdido da iniciativa social e do interese das persoas que…

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga