Busca
No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar de Agramar, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía
Polo Camiño Marítimo Arousa-Ulla, é por onde os peregrinos entran pola Ría de Arousa e acceden á desembocadura do río Ulla, desembarcando e (Iria Flavia), seguindo o camiño a pé até Compostela. En Padrón prodúcese a unión da Ruta Marítima e o Camiño Portugués.
Segundo a tradición e diversos textos medievais, os discípulos de Santiago recolleron o seu corpo e amortallárono.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arqueoloxía
Lavadoiro próximo ao rego Castrelo.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).
En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.