Busca
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar das Cortinallas, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía
Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Antigo meandro do río Sar, onde segundo o mito da Traslatio se atoparía o embarcadoiro cunhas escaleiras, que serían as que daban acceso á pedra onde se tería depositado o corpo do Apóstolo Santiago.
Trataríase dunha gran pedra duns cinco metros de lonxitude e de forma cuadrangular, correspondente cunha estrutura citada nos documentos dos séculos XV e XVI. A…
Padrón - Santiago de Padrón | Arqueoloxía
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.