Busca
Palco octogonal construído en pedra.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Tarrío. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol. Ten o gnomon invertido e as liñas horarias non corresponden coas horas reais.