Busca

Amosando 217 - 240 de 1740 resultados da busca.

Fonte no lugar de Cimadevila.
 


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Conxunto de hórreos no lugar de Tarrío.


Padrón - Santa María de Cruces | Hórreos

Hórreo no lugar de Iria.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Arretén,


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Rial


Padrón - San Pedro de Carcacía | Hórreos

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.

Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de TarríoManuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Fonte próxima ao Castelo da Rocha Branca, onde a auga abrollaba dun cano de pedra, que caía sobre unha pía na que se poden apreciar as marcas do afiado de ferramentas de corte.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil