Busca

Amosando 361 - 365 de 365 resultados da busca.

É unha edificación moi sinxela e austera. Trátase dunha capela de planta rectangular realizada en cantaría e cachotaría, cunha pequena dependencia acaroada. A capela ten o seu acceso polo lado norte, o cal está composto por un pórtico-soportal formado por catro piares de pedra (dous a cada lado), unidos por un pequeno murete (de dúas fiadas de altura) e cara ao seu interior conta con bancos corridos. Este espazo posúe un solo de lousas de granito e unha…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Este cruceiro está asentado directamente sobre as rochas do litoral, é dicir, carece de chanzos na súa parte baixa. Isto provoca que se erga directamente sobre o pedestal (carente de ornamentación), que ten unha forma cúbica e está rematado na súa parte superior en chafrán.

O fuste desta construción é de sección cuadrangular no seu primeiro terzo, mentres que o resto do fuste ten sección octogonal.…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Elementos relixiosos

Trátase dunha construción illada que se atopa preto da antiga casa reitoral. Localízase nunha zona de gran dominio visual, desde a que se podía ver perfectamente toda a ría (as actuais construcións non permiten apreciar ben as vistas).

Ten planta rectangular…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa

Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial