Busca
Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas
A visión desde o Alto da Paxareira posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, O Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.
Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas
Pombal de planta circular no lugar das Rañas.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Pontella levantada sobre o río San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Quizais pola súa estreiteza, conta con anteparos nos…
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Pontella que permitía o tránsito de vehículos de tracción animal levantada sobre o río Freixeiro que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte e no enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A pontella carece de peitoril.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións da Casa de Maquieira.
Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil
Palco de música localizado na campo da festa de Santa Baia de Oeste.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Esta ponte levantouse sobre o río Freixeiro, límite parroquial natural, para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso polas parroquias de Abalo e Catoira. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar. Destaca a perfecta labra e trabazón…
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Pontella peonil levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade, se ben uns esteos de granito que arrincan das cepas puideron servir de apoio a algún sistema de varanda ou amarradoiro que mellorase o tránsito peonil. Destaca a perfecta labra…
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Baiuca.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións da Casa Grande de Gondar.
Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil
Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Baiuca.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións da Casa da Barreira.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Palco octogonal situado na alameda e ao carón da Casa do Concello, con teito de madeira e escaleiras de pedra. Anteriormente a este existía neste lugar un palco construído en ladrillo que foi derrubado tras as reformas realizadas na alameda nos anos 60-70 do século pasado.