Busca
Erguida sobre un antigo castro a 173 metros de altura, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese observar unha imaxe de San Campio de gran valor histórico-artístico, e retablo realizado por…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura relixiosa
Aínda que a construción da actual parroquial data do século XVIII, sendo rematada en 1701, de aquí proceden varios capiteis prerrománicos, entre a época sueva e a visigoda, conservados na súa maior parte no Museo de Pontevedra e no Museo da Catedral de Santiago.
M. Núñez (1978) data estes capiteis cara o século VI-VII e defíneos como “insólitos en Galicia, cun depurado estilo…
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura relixiosa
A igrexa parroquial de Valga, de estilo neoclásico con calvario, atópase emprazada nunha parcela anexa ao camposanto. Planta de cruz latina. Muros de perpiaños. Torre-campanario nos pés formando unha composición asimétrica, ao que se accede por unha escaleira de caracol. Na cabeceira presenta unha ábsida cuadrangular. O retablo maior coa súa Custodia foi…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa
Capela de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cerramentos de fábrica de Hera. A súa fachada principal posúe un Santiago peregrino, situado nunha furniña, por riba da porta principal. Segundo se conta, esta imaxe foi atopada fai máis de 150 anos baixo terra, no lugar coñecido como Fonte do Apóstolo.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa
Templo construído sobre outro orixinal anterior á cristianización. O edificio actual, do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachotería, agás o da portada, que é de perpiaños e posúe un campanario.
Segundo a teoría do bispo Don José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago de 1982, sinala o lugar dos Martores, como a localización máis posible para o enterramento…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa
Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior.
O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca, que durante un tempo serviron como soporte dun pórtico emprazado no lateral sur da parroquial. A este capitel de Xanza…
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa
Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa
Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo de Raxoi. Localízase na parte sur, facendo fachada coa estrada que leva a Ponte Valga. Está executada en cantaría e presenta unha pequena espada metálica.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa
O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil
Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…