Busca
Parte saínte da costa no lugar de Quintáns, que penetra no río Ulla.
Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais
Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.
Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
O rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: o do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo Cruceiro de Basoco, derrubado por un ciclón a principios do século pasado.…
Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos
O nome Lufo semella voz antiga, debe ser xermánico, relacionado coa partícula ufe/ulfe, lobo. Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo agás o de Dodro. Tamén se coñece como río de Vigo e chámanlle, augas abaixo da aldea de Vigo, río do Cabalo porque os chaláns abeberaban nel os animais cando ían á feira a Padrón.
Nace moi preto de Pexegueiro e do…
Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais
Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.
Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas
Insua formada polo río Ula, próxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).