Busca

Amosando 3673 - 3696 de 3987 resultados da busca.

Un 30 de xullo de 1906, nacía neste lugar da aldea de Balleas (Cordeiro), Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 1996. A actual vivenda foi construída sobre as ruínas da casa natal propia onde naceu. Dentro da finca destaca un hórreo construído en…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Un 29 de maio de 1921, nacía neste lugar da aldea de Barcia (Cordeiro), Xosé Manuel Isorna Ferreirós, o padre Isorna, frade franciscano da Orde dos Freires Menores. Desempeñou diversas responsabilidades nos conventos franciscanos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e máis en Madrid.

Cursou estudos de Humanidades no seminario franciscano do


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Singular fonte no lugar de Carracido, construída con bloques de formigón e tres canos metálicos.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Ponte construída en pedra sobre o río Louro, restaurada en 2024 nas obras de ampliación da canle do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Muíño que é fornecido pola auga dun regato que vai paralelo ao río Louro desde unha pequena presa á altura da ponte da estrada que vai de Cesures a Vilagarcía de Arousa, á altura do Forno.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Cruceiro localizado nun cruzamento de camiños na aldea de Vilarello.

O varal, de 2,2 metros de altura, ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Nesta columna ten esculpida unha figura masculina vestida con hábito que, segundo algunhas fontes, podería representar a un Santiago Peregrino e, segundo outras, a Santo Antonio Abade. O varal asenta sobre un pedestal, cúbico e…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

O Pazo de Seares ou Casa Grande de Searez pertenceu ao médico Benito Seares Vázquez, que obtivo praza en Valga en 1904. A familia dos García de Searez, oriunda de Ames, tivo un gran protagonismo na Compostela arzebispal dos pasados séculos. 

A vivenda foi quedando en estado ruinoso e pasou a ser propiedade do narcotraficante José Antonio Pouso, alias Pelopincho, coa idea de…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Situado á beira do Camiño Portugués, no treito que discorre entre o Pino e a Medela. Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior. Está pechado polo leste por un muro de cachotaría granítica asentada en seco, de 6,8 metros de longo por 1,3 metros de ancho.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Ponte Valga. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto. Piares de soporte e cuberta en formigón, rematada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía a base de bloques graníticos e piares de suxeición da cuberta de granito.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte formada por bloques graníticos. Lavadoiro coa pía de bloques graníticos e estrutura da cuberta en formigón, con cubrición de placas de fibrocemento e tella ao exterior.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Cedelo, coa pía e piares de granito e a cuberta de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muro perimetral de granito. Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares extremos tamén de granito e piares intermedios e cuberta de formigón, rematada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía formada a partir de bloques graníticos.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Muros exteriores de cachotería granítica. Pía e piares tamén de granito. Cuberta a dúas augas rematada en tella do país.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro de pía formada por bloques pétreos, piares de pedra de sección cuadrangular e cuberta de formigón con acabado en tella. Fonte tamén de pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía de granito e cuberta de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte elaborada de bloques graníticos. Pía de bloques graníticos e cuberta rematada con tella do país.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e cuberta de formigón.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga