Busca

Amosando 313 - 336 de 389 resultados da busca.

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular desenrolada en tres chanzos. O pedestal apoiase sobre un pequeno plinto e coróase cunha moldura curva. O seu corpo principal ten os catro lados epigrafiados. O varal é de sección cuadrangular na base e oitavada no desenrolo, como consecuencia do rebaixe das arestas. Presenta dobre capitel. Un integrado no varal e o outro independente de feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina, de sección cuadrangular no arranque e desenrolo…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Localizado no campo da festa, xunto ao palco da música e a Escola de Xanza. Cruceiro con pousadoiro e baseamento de planta cuadrangular desenrolada en catro chanzos. O pedestal é de feitío cúbico e aparece epigrafiado mediante gravura nos catro lados. Varal monolítico cunha estruturación…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría. Pedestal cúbico e labra irregular. Cruz latina de sección cuadrangular no arranque. Rebáixanse as arestas para dar lugar a unha sección xenérica oitavada. Posúe os cabos florenzados e ornamentados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría co pedestal cúbico. Emprazada dentro dos terreos propiedade da INTAVALSA.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Calvario e vía crucis situado no adro da Igrexa de San Miguel de Valga, fronte á porta principal. A cruz central posúe sección cadrada e destaca polos seus relevos da Paixón e o relevo da man de Caifás. As cruces laterais son de sección octogonal.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.

Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas

O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

Miradoiro localizado na Punta Fincheira que ofrece unhas fermosas vistas das praias de Quenxo e Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Panorámicas

O miradoiro do Castro Barbudo atópase a 331 metros de altura sobre o nivel do mar. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas