Busca

Amosando 169 - 192 de 722 resultados da busca.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Antigamente este edificio foi un colexio-orfanato, no que rapaces de toda España ían a formarse alí para nun futuro poder traballar na Renfe. Actualmente é o Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio.

Esta edificación da segunda metade do século XX, máis concretamente dos anos 60, érguese moi preto do mar, o cal lle outorga un gran dominio visual de toda a Ría de Arousa. É un edificio lineal, austero, con modulación ríxida…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

O Centro Sociocultural de Bamio é a sede do Proxecto Louceiros de Bamio, lugar onde se gardan as mostras da louza recuperada e outros elementos para a interpretación da paisaxe cultural do barro da ría de Arousa e do río Ulla. Trátase dun pequeno núcleo interpretativo sobre a louza de Bamio, xurdido da iniciativa social e do interese das persoas que…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Hórreo de anchura con paneis en pedra de cantería. Destaca no pincho os accesos do pombal que se intúe debaixo da cuberta do hórreo. O cerramento da cámara é de madeira cun parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O hórreo atópase asentado sobre muro de cantería pechado, aproveitándose para o seu uso a parte inferior, con entradas para as pombas. A cuberta é de dúas augas con tella…


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en pedra de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra. O acceso ao hórreo realízase polo lateral da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas en pedra de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais quen rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería, sen elementos de ventilación, o que lle confire un aspecto robusto. Ten soleira con tornarratos con sopena e as cepas tamén en pedra de cantería. A cámara está recuberta de madeira con parteluces de pedra en tres treitos. A cuberta é de tella plana, ben rematada polas sobrepenas dos penais e con motivos relixiosos.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de anchura executado en fábrica de ladrillo con esquinais e traveseiros en pezas de cantería. Asentado sobre soleira a modo de muro de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O acceso faise dende o penal. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais que o rematan.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de anchura con penais de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra, asentado sobre soleira tamén en pedra con tornarratos continuo no perímetro, rematados con sopena. O hórreo encóntrase asentado sobre muro de cantería. A cuberta é de dúas augas con placas de fibrocemento, protexidas polas sobrepenas dos penais.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de cámara en fábrica de pedra.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería e elementos típicos de ventilación. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces pétreos. A soleira tamén de pedra conta con tornarratos ao redor de todo o perímetro do hórreo e penal rematado con sopena. A cuberta é a dúas augas con tella curva.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería e elementos típicos de ventilación. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces pétreos. A soleira tamén é de pedra sobre columnas ou pés con tornarratos circulares e penal rematado con sopena. A cuberta é a dúas augas con tella curva.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo de cámara pechado con táboa de madeira vertical e parteluces na cámara. Apoiado sobre cepas baixo mesas e penal rematado con sopena. Non presenta soleira. O acceso ao hórreo faise dende o penal, que está formado por pezas de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais que rematan con motivos relixiosos.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en pedra de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas en pedra de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais que rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de anchura con paneis en pedra de cantería e con fiestra central en penal posterior para facilitar a ventilación. O cerramento da cámara é de formigón con parteluces. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de muros en pedra de cantería, aproveitándose a parte inferior do hórreo para o seu uso. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais con remates relixiosos. Un uso…


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en fábrica de pedra e ausencia de elementos de ventilación. O acceso realízase por un dos penais. O cerramento da cámara está realizado en madeira cun parteluces pétreo o medio da cámara. A soleira, tamén en fábrica de pedra, conta con tornarratos por todo o perímetro con penal rematado con sopena sobre cepas de pedra. A cuberta de tella plana remata contra as sobrepenas dos penais con motivos relixiosos.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en fábrica de pedra e ausencia de elementos de ventilación. O acceso realízase por un dos penais. O cerramento da cámara está realizado en madeira cun parteluces pétreo o medio da cámara. A soleira, tamén en fábrica de pedra, conta con tornarratos por todo o perímetro con penal rematado con sopena sobre cepas de pedra. A cuberta de tella plana remata contra as sobrepenas dos penais con motivos relixiosos.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de cámara con paneis en pedra de cantaría. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais que rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con paneis en pedra de cantaría. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas de cantería, que foron recubertas de fábrica de ladrillo con posterioridade. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais. Destacan os remates relixiosos, tanto na pena como na sobrepena de ambos lados.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con paneis en pedra de cantaría. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra recebada. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas de cantaría, aproveitando a parte inferior do hórreo para o seu uso. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais con remates relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Hórreo de pedra que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a Casa de Pérez.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de pedra que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo de pedra que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos