Busca
É o peirao máis antigo do concello, data de mediados do século XIX, aínda que a traza actual é de comezos do XX. Foi en 1903 cando se lle adxudicaron as obras da súa reparación e ampliación a Ramón Fernández García, de Cespón, pai do que será un grande amigo de Castelao, compañeiro na Facultade de Medicina e na tuna de Santiago: Ramón Fernández Mato. Foi el o encargado de presentar a Castelao e a Eduardo Dieste, en 1911, nunhas…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil
Pombal no interior dunha finca situada na aldea Abuín, de planta circular.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Reloxo de sol no lugar do Castriño, no cumio do tellado dunha vivenda.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Reloxo de sol na fachada dunha vivenda no lugar de Té.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil
Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.
Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil
Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez …
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil
Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Pombal, vinculado á Casa de Somoza, situado no interior dunha grande finca á que se accede desde a parte baixa do lugar de Somoza. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.
Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil
Pombal situado nunha finca particular, xunto o acceso norte ao lugar da Mámoa. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados parcialmente, e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral na parte central.
Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil
Pontella sobre o río Té, xunto a unha fonte, un muíño e un lavadoiro no lugar do Laxido.
Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil
Pombal situado nun alto, na marxe norte do camiño que bordea á Igrexa de Santa Baia do Araño e á finca da casa reitoral, onde está o hórreo do Araño. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de granito. Actualmente carece de cuberta. Ten un estreito asoleirado perimetral cos ocos de acceso das pombas situado na parte superior.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil
Pombal situado nunha finca da Casa Nº 3 de Sestelo, na contorna dunha finca de grandes dimensións, con acceso xunto ao Cruceiro de Gómez. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira, e asoleirado perimetral baixo os ocos de acceso das pombas.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Panteón situado no adro da Igrexa de Santa María de Leiro, xunto á porta de acceso ao cemiterio. Panteón de seis nichos dispostos en tres filas, sobre unha estrutura de cantaría de granito. Pilastras e semipilastras acanaladas e cornixas de remate molduradas. Corpo superior de grandes dimensións apoiado sobre esferas de granito e pináculos na cornixa, coroado…
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Reloxo de sol situado nun extremo adro da Igrexa de Santa Baia do Araño. Plataforma cadrada e base prismática coas arestas chafranadas, sobre a que se ergue un fuste cilíndrico. Capitel de sección circular que sostén un reloxo de sol tallado sobre unha peza cadrada de granito.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil
Pombal situado nunha finca xunto ao acceso leste do lugar de Rañó, xunto a un hórreo de grandes dimensións. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, parcialmente enfuscados e pintados, con cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, rematada cunha peza circular de granito. Porta de acceso nun lateral e asoleirado perimetral baixo os ocos das pombas.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Pombal situado á beira da estrada de acceso ao lugar de Rañó polo leste. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de granito. Actualmente carece de cuberta, xeralmente a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso fronte á rúa, e asoleirado perimetral baixo os ocos das pombas.