Busca
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar das Cortinallas, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía
Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Perdiz que nos permite contemplar unha panorámica do río Ulla. Este espazo foi restaurado polos veciños de Vilar, xa que anteriormente “estaba a monte, nin sequera se vía o río coas mimosas que había”. Retiraron a vexetación da zona e instalaron máis de cen metros de varanda de madeira e tamén colocaron…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas
O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas
A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas
A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas
A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.