Busca

Amosando 49 - 72 de 945 resultados da busca.

Restos de edificación situada nunha finca de grandes dimensións delimitada por un muro de cachotaría de pedra, lindeira coa finca da vivenda cun reloxo de sol, no extremo leste do lugar de Sestelo. Acceso principal mediante unha porta alintelada situada xunto ao Cruceiro de Gómez. Construción de planta rectangular e dous andares, disposta perpendicular ao muro de peche e acaroado a el, xunto ao portón alintelado de acceso desde a rúa. Está resolta con muros de cachotaría…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e anexos situados no extremo norte do lugar de Isorna, nunha finca de grandes dimensións, cun muro de peche perimetral realizado en cachotaría de granito. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito encintados con remates en cantaría na contorna dos ocos. Fachadas de composición sinxela con accesos en planta baixa e ocos rectangulares con carpintería de madeira enrasada.…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda na rúa José Novo coa fachada decorada con azulexos e galería realizada en forxa metálica.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Cine que funcionou desde o 1948 ao 1980, cunha fachada de 15,10 metros, e un longo de 51,20.

O texto que segue a continuación é autoría de Xosé Camoxo.

Nos inicios da posguerra, comezaba no municipio rianxeiro a tomarse en serio o negocio das salas cinematográficas. Os empresarios, que debían convencer ao gobernador para evitar impedimentos á hora da autorización oficial, atoparon unha…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Quintáns que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Palco octogonal construído en pedra.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Hórreo no lugar de Isorna.


Rianxo - Santa María de Isorna | Hórreos

Hórreo no lugar de Isorna.


Rianxo - Santa María de Isorna | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Brión.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Rañó.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Durante o curso de rehabilitación que se desenrolou en Rianxo no ano 2017, un grupo de traballo localizou, no lugar de Quintáns, a casa do Arcebispo Álvaro Núñez de Isorna. Este grupo estaba composto por Alba Castrillón, arquitecta técnica pola Universidade da Coruña; Julián Moares, estudante de Enxeñería Naval na Escola Politécnica de Ferrol; Ana María García, alumna de…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Vivenda con dous gravados na pedra: un tríscele sobre o pé dereito dunha porta e unha cabeza cortada.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Localizado no alto do muro de cachotaría de peche da Casa Nº 1 de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil