Busca
Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Muíño situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal que atravesa Ourolo. Planta rectangular de muros de cachotaría parcialmente enfuscados e cuberta a unha auga de fibrocemento. Fachada principal ao camiño, cunha boca do inferno central baixo unha fiestra de carpintería de aluminio, aberta recentemente.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Muíño situado no lugar de Pastoriza, xunto á fonte e lavadoiro. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella, actualmente derrubada. Está situado a un nivel superior, con acceso desde o camiño mediante escaleiras de pedra e porta alintelada de madeira na fachada lateral…
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar da Senra.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar de Ourille.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Iñobre.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte de cantaría situada nun lateral do Campo de Arriba, fronte ao acceso principal. Está delimitada por muros de cachotaría e balaustrada na parte posterior. Pía de base octogonal de case 1 metro de altura, e corpo central prismático de catro canos, cos frontes tallados e cornixa superior. Coroa o corpo central un pináculo moldurado con remate…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado na rúa do Adro, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Cruz.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Fonte do século XIX nun lado da estrada que vai do Pazo a Rianxo.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro en Rinlo, construído en 1907.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga
Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.
…
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga
Muíño na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Muíño na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.