Busca

Amosando 145 - 148 de 148 resultados da busca.

Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Pazo construído no ano 1900 no lugar do Barco que conta con hórreo, fonte, cruceiro, escudo, pozo de auga, bancos de pedra e arboredo.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Esta era a casa do administrador do santuario. Esta edificación, xunto coa Casa de Sebe, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co Santuario da Escravitude.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil