Busca

Amosando 145 - 147 de 147 resultados da busca.

Localízanse no lugar de Grobas e foron construídos no ano 1949. A fonte ten 3 canos e un pousadoiro ao lado para colocar a sella chea de auga, sendo así máis sinxelo subila á cabeza. O lavadoiro está a continuación da fonte. Mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho. As lousas para lavar sitúanse nun dos lados da pía. Como curiosidade cabe destacar que, por onde sae a auga do lavadoiro, hai outra pequena lousa para lavar. Segundo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.

A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais