Busca
A casa orixinal, e o escudo, pertencían a Don Pedro de Antelo. A casa tiña unha capela, de feito pola microtoponia usada pola xente maior de Balleas, alí ao lado aínda se lle chama Tras da Capela, facendo referencia á desaparecida capela. Cando se derruíu conservouse o escudo. Don Pedro de Antelo ademais de casa grande, capela, escudo... tiña moitas terras, razón pola que no lugar aínda se manteñen nomes como A Horta de Antelo.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil
Vivenda con dous gravados na pedra: un tríscele sobre o pé dereito dunha porta e unha cabeza cortada.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.
Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos
Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Cruceiro do tipo de cruz, recolocado unha encrucillada de camiños entre os lugares de Suigrexa e Somoza.
Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos
Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo nunha encrucillada de camiños en Pousada. Sufriu as inclemencias meteorolóxicas e foi restaurado posteriormente polo Concello de Rianxo.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros.