Busca
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento, vinculado ao conxunto do Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Vivenda unifamiliar de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas, que se localiza xusto detrás da igrexa parroquial de Dimo. Construída en cantaría de baixa calidade, que só atopa como excepción a contorna dos ocos e os eixos estruturais do inmoble. A fachada aparece organizada por medio de portas e portasdaire balconadas, cunha forxa excelente, equidistantes propias da arquitectura vilega.
O muro principal do andar superior acolle un brasón…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Casa señorial á beira do rego do Souto da Vila.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil
Edificio de planta rectangular e dous andares que se ergue de forma illada ao carón da estrada. Organizada en rúas, a súa fachada amosa entrepanos pintados en ocre con cantaría visible nos eixos estruturais e na contorna dos ocos de acceso e iluminación, en especial no eixo da composición, onde se dispón un balcón granítico voado. Coroa a edificación un hastial semicircular de pedra que acolle un reloxo e o ano de construción do edificio: 1933. A contrafachada do inmoble…
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Casa grande de factura tradicional que combina paramentos de distintas tipoloxías, e que se presenta pouco alterada respecto da súa tipoloxía orixinal. De planta en forma de U, dous andares e cuberta a dúas augas. Destaca a súa fachada oeste, onde se sitúa un fermoso balcón cuberto e corrido, sustentado por columnas que ocupa toda a fachada e ao que se accede a través dunha escaleira exterior de dobre tiro, gorecida por…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Edificio de planta rectangular, dous andares e cuberta a un par de augas. Un pequeno volume, de planta terrea, acaroase ao conxunto para acoller as dependencias do xefe de estación. As súas dúas fachadas aparecen enmarcadas por unha imposta horizontal e pilastras graníticas. Os vans, intercalados nos entrepanos enfuscados e pintados, aparecen cubertos por arcos carpaneis.
A cantina da estación, propiedade de Segundo Rodríguez Sánchez, era a sede do Ateneo do Ullán…