Busca

Amosando 169 - 171 de 171 resultados da busca.

A capela adxacente ao Palacio de Lestrobe, dedicada ao Anxo da Garda, conserva no seu interior unha impresionante talla a tamaño natural da Dolorosa, obra do escultor Xosé Ferreiro. Na súa fachada, ten un campanil que supera o aleiro do tellado.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

Esta capela, tamén coñecida como “A Capilla”, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 metros de longo e por 4,50 de ancho), en obra de perpiaños e cachotaría, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable desde o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro xalonada por dúas columnas…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa

A actual igrexa é de boa construción barroca (século XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e escultura da diocese, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa