Porto da Punta Rebateira
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).
O porto aínda conserva a meirande parte da súa estrutura, mais a súa parte superior xa foi ocupada pola vexetación. No seu lado norte existe unha pequena praia de area branca e fina. Na actualidade aínda se aprecian restos de marcas de cuñas nalgunhas pedras localizadas na contorna.
- INFORMACIÓN
- Código: VI-OC002
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Vilagarcía de Arousa
- Parroquia: San Xens de Bamio
- Lugar: Punta Rebateira
- Acceso a pé: Regular
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
-
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.62397253125 , -8.7700579838088
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.