Praia de Bamio

Praia de Bamio - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

A Praia de Bamio ou do Campanario é unha extensión de area na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, o areal é mais ou menos extenso. Desde esta praia, cando está a marea baixa, aprécianse perfectamente os Lombos do Ulla, que son pequenos montículos ou illotes de area que se conforman polo efecto das correntes mariñas. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan. 

Trátase dunha praia coas condicións idóneas para practicar kitesurf, un deporte que consiste en deslizarse sobre a auga nunha táboa mentres se suxeita unha especie de cometa que é impulsada polo vento.  Nalgunhas ocasións acadou o distintivo de Bandeira Azul e a praia conta con baños públicos, acceso para persoas con discapacidade, duchas e posto de socorrismo.

Trátase dunha praia cunha longa historia, xa que sería neste mesmo lugar onde atracarían as embarcación que antigamente traian até Bamio o barro co que os louceiros facían os seus tarros.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lombos do Ulla

Punta Conchaliño

Punta Rebateira

Punta Remuíño