Lombos do Ulla

Lombos do Ulla - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: @TeresaEtiam

É neste último tramo onde está a liña imaxinaria que separa o río da ría, liña que debe trazarse desde o faro do dique de Santiago do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, até a Punta Seveira, no concello de Rianxo.

Os denominados Lombos do Ulla son uns montículos ou illotes de area que se forman debido ao efecto das correntes mariñas. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan. Os lombos son areas fértiles ricas en berberechos e ameixas, aínda que a fecundidade destes están en horas baixas na actualidade.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Punta Canteira

Mar Pequeno

Praia de Longa

Praia da Senra