Palco da música de Xanza

Palco da música de Xanza - Valga - Santa María de Xanza

Imaxe: @campodafesta

Situado no campo da festa, compartindo espazo co Cruceiro Nº 2 do Campo e a Escola de Xanza. De base rectangular, todo o palco estaba construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e marrón. Por un dos laterais accedíase á base inferior, que era utilizada como almacén. Foi construído polos veciños da parroquia e aquí era onde actuaban as orquestras o día 15 de agosto durante as festas na honra da Nosa Señora de Xanza, aínda que desde fai anos xa non ten uso.

Investigadores do CSIC Galicia e do Instituto de Ciencias del Patrimonio-Incipit estiveron en Xanza no mes de outubro de 2023 realizando o obradoiro Proxecto Palcos no que se presentaron as bases dun proxecto de investigación que pretendía localizar, catalogar e documentar os palcos da música construídos en Galicia a partir da década dos 70, así como recoller as historias, memorias e relatos que circulan ao redor deles. Malia isto, catro meses despois, este palco da música foi derrubado polo Concello de Valga, perdéndose unha parte da historia e do patrimonio local de Valga.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Palco da música de Xanza

Pombal da Finca do Cura de Campaña

Pontella Nº 2 dos Martores

Pombal de Paredes