Legoario de Valga

Legoario de Valga - Valga - San Miguel de Valga

Imaxe: Manuel

Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.

Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e Pontevedra, marcando unha das légoas. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII, cando o Arcebispo Malvar ordenou en 1790 construír a estrada Santiago-Caldas de Reis.

O seu emprazamento actual non é o orixinal, posto que foi movido fai anos para a contrución de beirarrúas. As súas pezas non foron colocadas de xeito orixinal. Presenta unha inscrición. Na actual N-550, xunto con este legoario, consérvanse cinco máis en Carracedo (Caldas de Reis), Tibo (Caldas de Reis), Perdecanai (Barro), Cerponzóns (Pontevedra) e Cañoteira (Vilaboa), algúns deles con reloxo de sol.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal da Casa do Sisto

Pombal da Finca do Cura de Campaña

Palco da música de Setecoros

Pombal de Ponte Valga