Muíño Nº 3 de Pedras Rubias

Muíño Nº 3 de Pedras Rubias - Valga - Santa María de Xanza

Na ribeira oeste do río Valga, ao seu paso pola vertente leste do Alto do Outeiro, trátase dun muíño de planta rectangular, construído con cachotaría granítica asentada en seco, onde aparecen pequenas pedras a xeito de cuñas. Presenta tellado a unha auga, mais non conserva a teitume, só restos de tella do país. Ten porta alintelada e conserva a roda de moer no seu interior. Ao oeste do muíño aparece a canle de pedra que discorre en dirección leste-oeste e que fornecía de auga ao muíño.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AA055
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa María de Xanza
  • Lugar: Pedras Rubias
  • Acceso a pé: Malo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En mal estado.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-433)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Raxoi

Lavadoiro da Torre

Lavadoiro de Fontenlo

Fonte e lavadoiro do Reguengo