Escudo de Don Pedro de Antelo

Escudo de Don Pedro de Antelo - Valga - Santa Comba de Cordeiro

A casa orixinal, e o escudo, pertencían a Don Pedro de Antelo. A casa tiña unha capela, de feito pola microtoponia usada pola xente maior de Balleas, alí ao lado aínda se lle chama Tras da Capela, facendo referencia á desaparecida capela. Cando se derruíu conservouse o escudo. Don Pedro de Antelo ademais de casa grande, capela, escudo... tiña moitas terras, razón pola que no lugar aínda se manteñen nomes como A Horta de Antelo.

Segundo o Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa Columba de Louro (Cordeiro, Santiago), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución, en 1760-61 vivía o fidalgo Juan Martínez de Antelo, co seu fillo Ramón Martínez de Antelo que era tenente de Milicias do Reximento de Santiago e tiña 26 anos. Nesta época Juan Martínez de Antelo xa estaba viúvo e tiña dúas criadas e un criado.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pazo de Desabanda

Casa Grande de Seárez

Casa de Xesús Ferro Couselo

Escola de Campaña