Túmulo da Cruz do Valado

Túmulo da Cruz do Valado - Valga - San Miguel de Valga

Túmulo de grandes dimensións situada nunha plataforma localizada no límite entre Valga e  A Estrada, tendo ao sur o río Valga e ao norte a estrada que vai dende Martores a Requián. Presenta un buraco de violación central moi colmatado, no que se aprecian dúas pedras graníticas interpretables como dous ortostatos da suposta cámara funeraria do túmulo. Na súa superficie poden apreciarse pedras graníticas esparexidas procedentes da posible coiraza pétrea. Toda a contorna está rodeada de especies arbóreas e o chan cuberto dunha importante capa vexetal.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ040
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico-Calcolítico-Idade do Bronce
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: A Cruz do Valado
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Buraco de violación central cunha profundidade máxima de 43 centímetros. O túmulo atópase bastante esmorecida no sector sur e parcialmente seccionada no sector leste por unha devasa. A abundante presenza de especies arbóreas, destacando piñeiros e carballos, modifican a superficie orixinal da mámoa. É posible que unha roturación puidese ter sido a causante do arrincamento de pedras integrantes da coiraza.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-41: GA36056022)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Gravados do Monte da Cabreira

Agro do Castro

Agramar

Túmulo Nº 3 da Pedra do Viño