Cruceiro do Souto

Cruceiro do Souto - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro do Souto ou Cruceiro de Outeiro é do tipo de capeliña situado á beira da estrada que une os lugares de Traba e A Capela polo norte, xunto ao regato do Batán. Fuste octogonal e groso sobre o terreo, con remates cadrados na parte superior que soportan a capeliña, actualmente sen imaxe. A capela é lisa, de base moldurada, teito plano e tellado a catro augas. Contén no interior unha imaxe da Virxe co Neno. O Cristo crucificado ten as mans pechadas, pergameo de INRI e carece de coroa de espiñas. Remate superior de forma troncopiramidal, que soportaba a cruz. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER007
  • Outras denominacións: Cruceiro de Outeiro
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: A Capela
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-007)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Rianxeiros

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

    Ramón Brea

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro dos Carballiños

Cruceiro dos Meniños

Cruceiro Nº 1 de Burés

Cruceiro Nº 1 de Traba