Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna

Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: María Soledad Pintos Peñaranda

Cruceiro de capela construído en granito, formado por unha plataforma cuadrangular de tres chanzos, sobre o que se asenta a columna de sección octogonal que comeza e remata en forma cadrada. A parte superior da columna está decorada con cunchas de vieira e caras, unha en cada esquina.

A capeliña está decorada con figuras xeométricas e unha cabeza de anxo con ás aos lados na parte frontal. No seu interior ningunha figura. Sobre a capela hai unha cruz de sección rectangular moldurada en toda a súa superficie e terminada en forma potenzada.

Es cruceiro localizábase anteriormente na Praza de Faustino Rey Romero, en Sestelo, xusto onde está hoxe en día o Cruceiro da Praza.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Vía crucis do Calvario

Vía crucis do Calvario

Cruceiro do Campo da Ponte

Cruceiro do Campo de Pazos