Ermida de Santa Lucía

Ermida de Santa Lucía - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Xeanoloxías do Barbanza

Igrexa que data do século XVII, situada sobre a estrada principal da parroquia de Asados, no extremo do Parque de Santa Lucía. Construción de planta rectangular dunha soa nave co corpo da sancristía acaroada á fachada nordeste. O conxunto está resolto con muros de cachotaría encintados na fachada principal e recebados nos laterais. Cuberta a dúas augas de tella, sobre estrutura de madeira na parte anterior e sobre bóveda de canón na posterior. Fachada sinxela con portada alintelada sobre a que se sitúa unha pequena ventá central, e espadana de dous corpos, con arcos de medio punto. A Romaría da Santa Lucía ten lugar na ermida e entorno o 13 de decembro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AR006
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: Século XVII
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Santa Lucía
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-007)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela do Pazo dos Calotes

Capela dos Milagres

Igrexa de Santa María de Leiro

Igrexa de Santa María de Isorna