Fonte e lavadoiro de Rial

Fonte e lavadoiro de Rial - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: CRA de Rianxo

Conxunto de fonte e lavadoiro situados no centro do lugar de Rial, á beira dun camiño paralelo á estrada principal. Ten acceso, desde un rueiro perpendicular, mediante unhas escaleiras de recente construción. Fonte de grandes dimensións, realizada en cantaría de granito, con fronte de cantaría e arco de medio punto superior sobre semipilastras, franqueado por dúas estatuas sobre a cornixa e inscrición central. Pía rectangular á que verten os dous canos. Lavadoiro de planta rectangular de granito, con pedras de lavar en dous dos seus lados e canle nun lateral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA029
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Rial
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-040)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    CRA de Rianxo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Calvo

Pozo de Amador do Moradiño

Fonte e lavadoiro de Fachán

Muíño de Guixar de Abaixo