Fonte e lavadoiro de Barral

Fonte e lavadoiro de Barral - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Conxunto de fonte e lavadoiro situados ao sur do lugar de Barral, sobre a beira da estrada principal que o atravesa. Está acaroado a un muro de peche dunha finca, realizado en cachotaría de granito. Fonte de cantaría, composta por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto, separados por unha cornixa moldurada. Ten un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito acaroado a un lateral e unha pía rectangular que verte directamente ao lavadoiro. Lavadoiro de planta rectangular de granito, con lousa inclinada de lavar nun lateral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA028
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Barral
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-039)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Burés

Muíño de Salgueiriños

Fonte e lavadoiro de Ourille

Fonte e lavadoiro de Pastoriza