Fonte de Cons

Fonte de Cons - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Julio Martínez Verdes

Fonte situada sobre a marxe leste da estrada principal de Quintáns, á beira do regato que a atravesa, con acceso directo desde a estrada mediante tres chanzos de granito. Corpo central de cantaría de granito, composto por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto. Pía rectangular a rentes do chan, delimitada por lousas de granito, e un pequeno mesado semicircular nun lateral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA015
  • Outras denominacións: Fonte de Quintáns
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Quintáns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-015)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte da Praza

Presa do Pozo de Lemos

Fonte do Laxido

Muíño de Beiro