Fonte de Burés

Fonte de Burés - Rianxo - Santa María de Asados

Fonte situada no extremo sueste do lugar de Burés, no camiño ao río, acaroada a un muro de peche de cachotaría sobre o que se alza o Hórreo do Agro Novo. Corpo central de cantaría de granito, composto por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1962). Pía rectangular a rentes do chan, delimitada por dúas lousas de granito, e un pequeno mesado semicircular acaroado a un lateral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1962
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Burés
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-007)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lavadoiro de Dorna

Fonte da Tixola

Muíño de Guixar de Abaixo

Fonte do Souto