Casa de Arcos Moldes

Casa de Arcos Moldes - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: roteirocastelao.gal

Nada queda da casa da rúa do Hospital, a poucos metros da graneira de Mariano Rodríguez, onde residiu o “mestre sen escola”, Xosé Arcos Moldes, compadre de Castelao. Este foi lugar de múltiples xuntanzas da mocidade ilustrada e mariñeira do Rianxo de comezos do século XX, ás que asistía o propio Castelao cando estaba na vila. Durante unha desas reunións, en xullo de 1910, Ramón Rey Baltar funda o semanario de combate contra o caciquismo El Barbero Municipal, que durou até marzo de 1914. Na cabeceira figuraba Arcos Moldes como director da publicación, Alfonso R. Castelao como director gráfico e administrativo e Germán Rañó Alcalde como redactor.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de Santa María de Asados

Pazo de Rianxiño

Pazo dos Calotes

Paseo da Ribeira