Lavadoiro da Chancela

Lavadoiro da Chancela - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: Elpirata Pontecesures

Localízase na avenida de Vigo a un nivel máis baixo que a rúa, polo que se deben baixar unhas escaleiras para acceder a el. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A auga que o abastece procede dun regueiro que pasa ao seu carón. Está todo construído en pedra, ten un tellado cuberto con tella do país e apoiado sobre unha parede ao norte e columnas de pedra ao arredor. A todo o longo do muro pódense observar 9 pedras saíntes onde probablemente se apoiaban os baldes e bañeiras en que se levaba a roupa. A pía mide 8 metros de longo, 3 metros de ancho e 55 centímetros de profundidade. As lousas para lavar sitúanse nos dous lados longos da pía.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte de Infesta

Fonte de San Xulián

Lavadoiro da Chancela

Muíño de Infesta