Ponte de Santiago

Ponte de Santiago - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Xosé Troiano

Ten orixe medieval, mais sufriu diversas remodelacións ao longo da historia. A máis drástica é obra de Juan Peón, cando en marzo de 1845, unha gran inundación danaría a estrutura, en concreto dous dos catro arcos que posuía, que co paso dos días acabarían cedendo e sepultándose nas augas do Sar. Segundo documentos que constan no arquivo histórico do Concelllo de Padrón, a ponte orixinal medieval sufriu unha remodelación previa en 1790. No lado dereito, emprazábase a antiga Torre Moucha, atacada pola Revolta Irmandiña no século XV e derrubada no 1832.

Sitúase á beira do Paseo do Espolón, permitindo cruzar o río Sar, unindo a zona da Trabanca co casco antigo de Padrón, e comunica cos concellos de Dodro e Rois. A ponte está datada do ano 1852, atopándose en moi boas condicións e substituíndo a outra que fora arrasada polo río. Construída en perpiaños, ten unha lonxitude duns 65 metros, constando de tres arcos por onde pasan as augas do Sar, tallamares e pretís de perpiaños.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-OC001
  • Outras denominacións: Ponte do Carme
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1852
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Padrón
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

    El Correo Gallego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal do Pazo do Vilar

Ponte do Areal

Pombal Nº 2 da Porta dos Mariños

Ponte da Meana