Miradoiro do Paseo do Espolón

Miradoiro do Paseo do Espolón - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Asociación para a defensa do Patrimonio Galego

Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.

Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o 14 de marzo de 1905, Don Carlos Pazos Varela, industrial padronés, solicitou permiso ao Concello para construír sobre o valado de pedra que pecha a horta da súa propiedade e confinando ao oeste co Paseo do Espolón, actualmente avenida Castelao, un balcón ou miradoiro, para o que xunto coa solicitude de licenza municipal acompañaba plano do mesmo. Este miradoiro, moi do gusto da época da súa construción, primeira metade de 1905, onde as influencias da arquitectura metálica ou de ferro da primeira exposición de París 1867, 35 anos despois aínda seguían vixentes e adoitadas neste caso pola burguesía industrial-comercial padronesa polo gusto do que viña de fóra e diferente do propio, e isto é un exemplo desta etapa. O obxecto era desfrutar das vistas cara ao Paseo do Espolón, lugar de recreo da burguesía padronesa e incluso cara a actual Praza de Camilo José Cela, onde estaba situado o antigo palco no que en datas determinadas se celebraban concertos da banda de música”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Paso a nivel de Iria

Pombal do Pazo do Vilar

Pombal do Pedroso do Norte

Ponte da Barca